![]() |
Foto: Ricardo Grobas |
No partido xogado en Riazor na primeira volta vivimos un emotivo momento cando soou o himno galego antes de comezar o partido, un cántico que acompañaron os 30.000 siareiros que se atopaban nese intre no campo, sen ter en conta cales eran as súas cores. Algo así non debería quedar nunha merca anécdota e debería extenderse tamén ao partido que se xogará en Balaídos e aos vindeiros derbis que se xoguen nos anos seguintes. Por un derbi co himno galego!
0 comments:
Publicar un comentario