Comunicado das peñas do Celta: "Somos celtistas, non terroristas"



As peñas do Real Club Celta emitiron este martes un comunicado a modo de protesta polo acontecido no último partido de Liga cando un siareiro celeste foi expulsado por portar unha bufanda da Peña Celtrras. O escrito, asinado por un número moi importante de agrupacións de afeccionados, resalta o feito, lamentando a “nula defensa” por parte do club. 

Ademáis, tamén lamentan que afeccionados de outros clubes non teñan o mesmo trato: “Por se forma pouco, de cando en vez temos que contemplar cómo siareiros doutros equipos, algúns pertencentes a colectivos de notorio carácter violento, campan ás súas anchas polas nosas bancadas, lucindo con absoluto impunidade símbolos e altitudes que o celtismo pagaría ben caras”, en referencia ó partido de Copa xogando diante do Sevilla coa grada de gol poboada de siareiros violentos de varios equipos, entre eles do Deportivo. 

Para rematar, as peñas piden o club “unha rectificación no seu trato á súa propia afección, ademáis dunha disculpa por estes feitos que son imposibles de agochar. De non darse, as peñas firmantes consideraremos a posibilidade de exercer medidas mais importantes, a fin de acadar o respecto e o respaldo que merecemos”, conclúen. 

0 comentarios:

Publicar un comentario