Tres puntos de ouro para o Celta B ante o Guijuelo


Foto: Celta
O Celta B sumou unha importantísima vitoria ante o Guijuelo en Barreiro. Os celestes mostráronse moi competitivos e serios durante todo o partido, controlando o ritmo do choque e impedindo que o rival apretase. Todo isto nun terreo de xogo complicado debido á constante choiva.

Os celestes puideron chegar ao descanso cunha avultada vantaxe, pero a falta de definición e o porteiro visitante impedírono. No primeiro tempo Luís Rioja asinou varias xogadas sobresalientes que non terminaron en gol por moi pouco. No centro do campo Jordan ofreceu un estupendo repertorio de pases e, do mesmo xeito que o resto dos seus compañeiros, de entrega e sacrificio.

Tras a continuación os célticos mantiveron a súa intensidade. O ansiado tanto chegou no 57 nunha falta botada con calidade por Ledes que rematou Adri Cuevas ao fondo da portaría. De aí ao asubío final as posibilidades abríronse para os dous equipos. O marcador non se moveu e o Celta B cultivou un triunfo vital que o achega aos postos de permanencia.

Ficha técnica 

Celta B: Iván Villar, Kevin, Samu, Alende, De Amo, Jordan (Brais Méndez, min.83), Fragapane (Olaza, min.89), Adri Cuevas, Pedro Martín (Guille Andrés, min.80), Gustavo Ledes, Luis Rioja.

Guijuelo: Kike, Piojo, Aitor Aspas, Ramiro, Jonathan, Chema Antón (Ramos, min.67), Raúl (Luque, min.63), Javi Rey, Pino, Ayub (Carlos, min.78), Jonxa.

Goles: Adri Cuevas, min.57, 1-0.

Árbitro: Montes García, do comité madrileño. Amonestou polo Celta B a Samu e Adri Cuevas, polo Guijuelo a Chema Antón, Pino e Ayub.

Campo: Barreiro.

Crónica: celtavigo.net

0 comentarios:

Publicar un comentario