"O partido vaise celebrar agás sorpresa maiúscula"


Foto: Peña Afouteza
A Radio Galega acaba de publicar un web no que asegura que o Presidente do Celta, Carlos Mouriño, acaba de confirmar que se xogará o partido desta tarde con normalidade, agás sorpresa maiúscula. As fortes choivas das catro da tarde puxeron en dúbida a disputa do encontro, mais tanto o río Lagares como as inmediacións do Estadio municipal responderos bastante ben. 

Estas son as horas máis delicadas pola pleamar, que no seu punto máis álxido podería provoca-lo desbordamento do Lagares. No seo do clube hai optimismo sobre a disputa do encontro. Agardemos que as previsións sexan atinadas. 

Na web ou nos medios oficiais do clube non hai notificación algunha. Recentemente pediuse aos siareiros que eviten cánticos sancionables. Non hai indicación ningunha de suspensión do encontro. 

0 comments:

Publicar un comentario