Sergio: "O fútbol non ten memoria"


Foto: Faro de Vigo
Sergio converteuse nun dos mellores xogadores do Celta. O de Catoira foi clave na vitoria local. Ó remate do encontro en zona mixta celebraba a melloría do equipo nese aspecto: “Está claro que cada partido é moi difícil. Hai que saber sufrir. Con respecto á tempada pasada creceu moito nese aspecto. Hoxe parecía qeu todo se poñía en contra, e aínda así tivemos oportunidades para mar o segundo”, suliñou en declaracións recollidas por Celta TV. 

O gardamallas referiuse á actuación do equipo, e á súa individual no último partido en Balaídos: “Esto é así, o fútbol non ten memoria. Hai quince días non foi o mellor partido, pero tamén conseguimos os tres puntos. Hoxe o equipo deu mostras da ilusión que ten”, resaltou. por último preferiu non centrarse nos resultados dos rivais: “O importante é que gañamos nós. O resto que fagan o que poidan”, finalizou. 

0 comments:

Publicar un comentario