Berizzo completou o adestramento con cinco xogadores do filial


Diego Alende fronte ao Logroñés (Foto: José Lores)
Eduardo Berizzo só dispuxo no día de onte de dez xogadores do primeiro plantel no adestramento polas numerosas ausencias, entre internacionais e mancados, nunha sesión na que Augusto Fernández, Rubén Blanco e Fontàs continuan coa sua recuperación á marxe do grupo. 

O adestraador arxentino citou aos canteiráns Borja Fernández, Diego Alende, Pape Cheikh e aos gardamallas Iván Villa er Néstor Díaz para exercitarse co primeiro equipo nas instalacións deportivas da Madroa. 

O capitán Augusto Fernández, que se recupera dunha rotura do tendón extensor do segundo dedo da man dereita, comezou participando nos exercicios con balón pero máis tarde traballou en solitario. Os internacionais do Celta que se atopan agora mesmo coas súas seleccións son: Nolito, Madinda, Orellana, Wass, Guidetti, Bongonda e Jony. 

0 comentarios:

Publicar un comentario