![]() |
Foto: Atlántico Diario |
Rafael Louzán, Presidente da Federación Galega de Fútbol anunciou esta noite no Galicia en Goles da Radio Galega, a posibilidade de que que tanto o Celta coma o Deportivo xoguen o amigable en beneficio do fútbol galego en América, o mesmo encontro que o ano pasado se disputou en Pontevedra. Con esta medida pretende acadar máis ingresos a costa de trasladar ós dous principais equipos de Galicia ao continente americano.
Veremos cal é a acollida no seo das directivas dos dous equipos cando reciban a notificación por parte da Federación Galega de fútbol, posto que supón un trastorno importante que non lle fará moita gracia a ningún dos dous adestradores.
0 comments:
Publicar un comentario