Sergio: "Deixar a portería a cero é un reto importante para nós"


Foto: LFP
Sergio viviu onte un dos partidos máis plácidos dende que é porteiro do primeiro equipo do Celta. O de Catoira declarou falou en zona mixta ó remate do encontro: “O que pensas é gañar cada partido, gañamos o primeiro e gañamos este. O equipo estivo ben e sigue nunha dinámica positiva”, destacou, ó tempo que resaltaba as virtudes do equipo: “Seguimos crecendo pouco a pouco, e estamos nesa dinámica que nós queremos, un equipo activo, que presione ben arriba. Hai que seguir traballando para ter máis confianza”, suliñou. 

No aspecto persoal destacou o feito de deixa-la portería a cero: “O complicado é facer gol, pero tamén deixar a portería a cero é un reto importante para todo o equipo. Ó final garantizache que cos xogadores que temos arriba poidas marcar goles, e que os partidos non sexan máis doados, pero sí máis asequibles”, explicou Sergio que se ve titular, respetando aos seus compañeiros: “Traballo cada día, cada semana para iso. Non sei se o míster ten dúbidas, eu non as teño. Agardemos que Rubén se recupere canto antes e nos poida axudar”. 

O de Catoira non cree que o descanso lle veña mal ao Celta: “o equipo está moi ben, e este descanso viralle ben para coller máis forzas e voltar con máis enerxía se cabe”, apuntou. Con respecto ó mercado de fichaxes, mantívose na liña dos seus compañeiros: “Non pensamos niso, pensamos no noso, se ven alguén recibiremolo cos brazos abertos como sempre”, finalizou. 

0 comentarios:

Publicar un comentario