![]() |
Foto: José Lores |
O Celta xogará o vindeiro martes o sexto amistoso da pretempada. Será un partido especial, xa que será un derbi fronte ó Coruxo no Estadio do Vao. O encontro arrancará ás 20:00 e servirá para que os celestes continúen coa súa preparación de cara á tempada 2015-16, no que pode ser o partido de debut de Nolito este verán. Unha frase que se repite demasiado nos derradeiros días.
A imaxe pertence ó último amigable xogado entre Celta e Coruxo, o 24 de xullo de 2013 en Melgaço. Gañou o Celta 1-0. O custe das entradas para este choque será de 10 euros, entrada única.
0 comments:
Publicar un comentario