Nolito apura a súa recuperación e podería estar o venres en Ribadumia


Foto: Ignasi Paredes
O ansiado debut de Nolito co Celta nesta pretempada pode chegar o vindeiro venres, no amigable que xogará o clube celeste en Ribadumia fronte ao Boavista. O dianteiro andaluz vaise recuperando pouco a pouco das súas molestias nos isquios, e todo apunta a que pode estar dipoñible para Berizzo de cara a ese encontro. 

O de Sanlúcar está a vivir un auténtico calvario dende que regresou ó traballo co equipo, cunha doenza que se está a prolongar máis tempo do inicialmente previsto, e que lle está a impedir poder xogar nos amigables, que é o que desexa calquera futbolista na pretempada. Ademáis, os rumores sobre a súa saída e a relación que estes poidan ter sobre as súas reiteradas ausencias están dando demasiado que falar. 

Segundo o parte médico do clube, Nolito vaise recuperando e adestrando cos seus compañeiros cada vez a mellor ritmo. De aquí ó venres agárdase unha progresión suficiente que lle permita vestirse de celeste por primera vez neste verán.  

0 comentarios:

Publicar un comentario