Nené atopa por fin equipo


O ex xogador do celta, Nené, que levaba varias semanas buscando equipo para esta tempada, encontrou acomodo finalmente no Vasco da Gama, o que supón ademáis a volta do brasileiro ó seu pais de orixe. Nené naceu hai 34 anos en Sao Paulo e deixou o fútbol brasileiro no ano 2003, hai agora doce anos. Durante a súa aventura polo mundo adiante, puido xogar en España, Francia, Catar e Inglaterra, onde o ano pasado viviu a súa última experiencia futbolística no West Ham. 

Agora regresa ó Vasco da Gama, un clube histórico, que atravesa unha grave crise económica. Antes de xogar para o Vasco, Nené xogou no Palmeiras e no Santos. Agora o Vasco agarda sacar partido da experiencia adquirida polo xogador tanto en Francia como en España, que foron os destinos onde se consolidou e deu o mellor rendemento como xogador. 

No Celta tan só estivo un ano, na tempada 2006-07. Contando tódalas competicións, os vigueses participaron en Europa aquel ano, xogou 46 partidos, e marcou 9 goles, deles 38 partidos e 8 goles pertencen á Liga. 

0 comments:

Publicar un comentario