Pendentes do anuncio dos vindeiros amigables do Celta


Foto: Ingolstadt
O Celta debe pechar nos vindeiros días os amigables que faltan para completar a pretempada antes do comezo da Liga, alá polo 23 de agosto fronte ao Levante. Ate o momento, os de Berizzo xogaron catro encontros, todos eles en Alemaña e Austria, e teñen pendente o choque corresponde ó Memorial Quinocho, que se xogará o 14 de agosto perante o Genoa. 

Dende o derradeiro encontro, xogado o pasado domingo, ata ese 14 de agosto, pasarán case tres semanas sen ningún encontro planificado, algo totalmente inviable. Agárdaase que de cara a esta fin de semana se anuncie un amigable. Hoxe o equipo volve o traballo e regresa a actividade a Casa Celta, que podería anuncia dito partido.  A previsión é que se xogue un amigable nas dúas fins de semán antes do Quinocho. 

0 comentarios:

Publicar un comentario