O Celta tratará de atar a Jonny e Nolito co diñeiro de Mina


Foto: Jorge Landín
O diñeiro recadado polo Celta permítelle afrontar o que resta do mercado do verán con máis tranquilidade da existente previamente, que xa era dabondo. Na Praza de España nunca quixeron vender a ningún xogador, pero cos 10 millóns de euros cobrados tra-la marcha de Santi Mina, a situación invita incluso a inversións ambiciosas, ben en reforza-lo equipo ou en atar aos xogadores actuais da plantilla. 

As miras neste aspecto están centradas en dous xogadores: Jonny e Nolito, con moitas noivas neste mercado. Sobre o de Matamá, que conta cunha cláusula de 12 millóns, que aumenta cada ano ata chegar aos 18, hai unha pregunta do Mónaco sobre o xogador, sendo os do principado remitidos á súa cláusula de rescisión. O Celta tratará de mellora-lo contrato do canteirán e ampliar esta cláusula para garanti-la súa continuidad en Vigo nos vindeiros anos. 

No caso de Nolito, a quen se lle renovou o contrato o ano pasado, xa se deu o primeiro paso mercando o 35% do pase, que era propiedade do Benfica, por 1,5 millóns de euros. Non fai falla dicir que se os lusos aceptaron este diñeiro e porque non contan que Nolito saia do celta a curto prazo, xa que o 35% do valor da cláusula actual de Nolito son 6,3 millóns de euros. Sería, por tanto, un negocio ruinoso para o Benfica vender ao xogador nesas circunstancias. 

Agora ben, para asegurar a continuidad de Nolito, o Celta tal vez teña que subir o soldo ó dianteiro andaluz, ampliando así a súa cláusula de rescisión. Parece que o Celta ten claro que quere formar un equipo arredor do “10” celeste.

0 comentarios:

Publicar un comentario