O Celta renova a Sergio ata 2018


Foto: Celta
O Celta pechou esta tarde a renovación de Sergio Álvarez, e ven de anuncialo a través da súa páxina web. O gardamallas de Catoira amplía a súa vinculación en dúas tempadas, asinando contrato ata o 30 de xuño de 2018. Unha renovación na que o Celta, despois de varias renovacións curtas, mostra plena confianza no canteirán. 

Sergio Álvarez (Catoira, 1986), incorporouse ás categorías inferiores do club fai máis dunha década. O seu debut co primeiro equipo chegou na tempada 2010/2011 ante o Cartaxena na  Segunda División, un partido no que o catoirés deixou a súa portaría a cero. Dende entón Sergio consolidouse, ofrecendo un gran rendemento na portería celeste e deixando actuacións para o recordo. O cancerbeiro galego asinou unha moi boa tempada 2014/2015, sendo considerado por moitos medios especializados como unha das revelacións do campionato.

0 comentarios:

Publicar un comentario