O Celta B xoga esta tarde un amigable en Póvoa de Varzim


O Celta B prosigue coa súa preparación cun partido amigable que xogará esta tarde, a partires das 17:30, hora española, en Póvoa de Varzim, ante o Varzim SC. Será o segundo amigable da pretempada para o equipo adestrado por Torres Gómez. O anterior foi o Trofeo Vila de Melgaço, xogado ante o Chaves. O encontro rematou con empate a dous goles, e na tanda de penaltis impúxose o conxunto luso. Ese torneo disputouno o primeiro equipo en edicións anteriores, cando realizaba o Stage nesa fermosa localidade portuguesa. 

0 comentarios:

Publicar un comentario