Iago Aspas colle a Borja Iglesias


Foto: Ricardo Grobas
Os dianteiros do Celta están respondendo neste inicio de pretempada. Mentras agardamos o debú de John Guidetti, tanto Iago Aspas como Borja Iglesias están respondendo co que se espera dun “nove”: Goles. O santiagués marcou nos dous primeiros encontros, e onte non xogou moito tempo. Pola súa banda, Iago Aspas, que non mollou ante o Greuther, volveu marcar onte despois de facelo fronte ó Nuremberg. 

Un tanto de fermosa factura asinado polo moañés, un clásico da súa forma de xogar, e bastante parecido na súa execución o que marcou o domingo fronte ó cadro alemán do Nuremberg. Con este gol iguala a Borja Iglesias como máximo goleador do verán. Os dous dianteiros que nos fan lembrar a “pelexa” que tiveron o pasado verán Nolito e Larrivey, que tivo continuidade despois na Liga. Só falta que Guidetti comece con bo pé e se una á festa goleadora. 

0 comentarios:

Publicar un comentario