Hoxe, último día para abonarse con condicións especiais


Hoxe ás 20h péchase o prazo extendido para aproveitar as vantaxes especiais da Camapaña de Abonados do Celta de Vigo. As oficinas permanecerán abertas ata a hora antes mencionada e ata a cal os celtistas que queiran poderán beneficiarse dun desconto do 5% na renovación (acumulable ós descontos de accionista e familiar ata un máximo do 15%) e estando tamén exentos de pago de suplementos nos Días Do Clube, tanto as renovacións como as novas altas.

Tódolos trámites pódense realizar nas taquillas e tamén a través da plataforma online.

0 comentarios:

Publicar un comentario