Borja Domínguez, cedido ao Racing de Ferrol


Foto: César Toimil
A falta de confirmación oficial, varios medios apuntan a cesión de Borja Domínguez ao Racing de Ferrol. O xogador vigués, que debutou no Celta b na tempada 2010-11, xogará na Malata durante un ano en calidade de cedido logo do acordo alcanzado por vigueses e ferroláns. Borja Domínguez, nacido o 30 de maio de 1992, formouse no Celta e xa xogou cedido no Ourense e no Vilalonga. As dúas últimas tempadas disputou 61 partidos co combinado celeste na Segunda B, así que a pesares da súa xuventude xa conta con experiencia na categoría. 

Eran moitos os afeccionados que agardaban que o medio vigués tivese unha oportunidade nesta pretempada, pero o xogador non aparecía na lista de Berizzo, na que aparecían unha decea de futbolistas do filial e do xuvenil. Pola súa idade, cumpriu 23 anos no mes de maio, este tiña que se-lo ano do seu asalto ó primeiro equipo. Sen embargo, terá que seguir medrando nas filas do Racing de Ferrol. 

0 comentarios:

Publicar un comentario