O Celta aínda confía en renovar a Fontàs


O Celta ten prácticamente pechada a renovación de Fabián Orellana e ten entre os seus obxectivos para esta tempada que vai comezar en breve a renovación de Andreu Fontàs. No caso do xogador catalán non será doado, xa que as diferencias económicas son moi grandes entre as partes. En todo caso, no Celta non se renden e aínda confían en poder chegar a un acuerdo. 

No día de onte o diario Atlántico revelaba que o xogador ten unha cláusula de 20 millóns de euros, aínda que non ten moito valor xa que pode marchar por 3 millóns de euros se o xogador así o desexa. Unha cláusula que, a falta de unha mellor explicación, resulta bastante ilóxica. O caso é que a Fontàs ofertas non lle faltan. Dende Italia, onde amosou bastante interés o Genoa, ou dente Inglaterra, aínda que neste caso a oferta do Fulham, que militaba na Premiership, non convenceu ó catalán. 

En Praza de España non descoñecen a importancia do futbolista, nin a posibilidade de que finalmente non siga en Vigo, podendo incluso irse sen deixar un euro na caixa. Ese sería o obxectivo a evitar, pero sempre depende do futbolista. 

0 comentarios:

Publicar un comentario