Charles chega hoxe a Málaga e será presentado esta semana


Foto: Lalo R. Villar
O xa ex dianteiro do Celta, Charles Días, chega hoxe a Málaga, despois de pasar uns días de vacacións no seu Brasil natal. O ariete chegará á cidade andaluza para pasa-lo pertinente recoñecemente médico, mero trámite antes de ser presentado coma novo xogador e asinar un contrato de dous anos que o ligará ó Málaga ata o ano 2017. 

De todolos xeitos, a presentación aínda non será hoxe nin mañá, xa que segundo informa a prensa malagueña, terá que agardar a que Mario Husillos, o director deportivo malaguista, estea de volta da súa viaxe de negocios. Por certo, no día de onte subimos a ficha de Charles a Yo Jugué en el Celta, a páxina de ex xogadores do clube celeste. Podedes acceder a ela pinchando aquí

0 comentarios:

Publicar un comentario