As novas camisetas que lucirá o Celta na vindeira tempada xa están na tenda do Celta, aínda que de momento só para ollar xa que non é posibel mercalas. De momento pódense mercar outras prendas, que contan con descontos de ata o setenta por cento. Na tenda do Corte Inglés tamén se aplican idénticos descontos, pero lembrade que as camisolas de xogo non entran no desconto. As que si que se poden adquirir con prezos especiais son as camisetas de porteiro.
A tenda estará aberta mañá sábado, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Despois pechará por labouras de inventario, e non abrirá novamente ata o mércores día 1, onde probablemente xa estén á venda as novas camisetas e a roupa do vindeiro curso.
0 comments:
Publicar un comentario