Borja Iglesias fará a pretempada co primeiro equipo


Foto: Atlántico Diario
O xogador do filial Borja Iglesias fará a pretempada co primeiro equipo, segundo desvelou o propio xogador ante os micrófonos de Galicia en Goles, o programa da Radio Galega, que esta noite celebrou a súa gala entregando os Premios Galicia en Goles, onde o propio xogador compostelán recibiu o premio que o recoñece como mellor xogador da Segunda División B. 

Iglesias amosou nas dúas últimas tempadas unha gran capacidad goleadora, anotando 29 goles en 69 partidos de Liga. Unha moi boa media, especialmente se temos en conta que o filial céltico ocupou unha das derradeira prazas do grupo primeiro da categoría de bronce. Despois de cumplir 22 anos o pasado mes de xaneiro, este ano tocalle ter unha oportunidade co primeiro equipo. 

A saída de Charles pode abrirlle algunha opción, aínda que da a sensación de o oco do brasileño está máis que cuberto por Iago Aspas. Tras dous anos en Vigo terá a oportunidade que demanda e merece polo seu rendemento. 

0 comments:

Publicar un comentario