O Celta subirá a oferta por Mancuello nas vindeiras horas


Despois da negativa de Lanús á oferta do Celta por Lucas Melano, o Celta volta á carga por Federico Mancuello, centrocampista de Independiente de Avellaneda, por quén fará unha proposta en firme nas vindeiras horas o clube vigues, segundo a prensa arxentina, que cita a fontes do entorno do xogador. Segundo estas informacións, o Celta subirá a súa oferta anterior, que era de tres millóns de dólares, pero será inferior á cláusula de rescisión do xogador cifrada en 5 millóns, libres de impostos. 

Ese é o motivo polo que a prensa arxentina suliña que esta oferta tamén será rexeitada polo cadro vermello. O interese do Celta neste xogador, unha das grandes revelacións do campionato arxentino, foi confirmado por Eduardo Berizzo, adestrador celeste, na rolda de prensa previa ó partido fronte ao Espanyol, pero se o Celta quere ao xogador terá que poxar moi forte. 

0 comentarios:

Publicar un comentario