Merlegos Celestes organiza a primeira Romaría Celtista


A peña Merlegos Celestes ven de anunciar a organización da primeira Romaría Celtista o vindeiro sábado 13 de xuño. A agrupación da capital de Galiza elixiu a propia Compostela como o lugar axeitado para albergar esta nova festa do celtismo. Os celtistas que queiran participar están citados as once e media da maña na praza da Quintana. Dende alí desprazaranse ata a praza do Campo de Angustia, ó carón da sede da peña compostelá, para unha sesión vermú amenizada polos Bertolini.

Para as 14:30 darase o punto de inicio ó acto central da romaría, un xantar común no parque do Campo da Almáciga. Empanada, polbo e churrasco serán as viandas que poderán gozar os celtistas. Ademais dende as cinco e media da tarde o grupo The Fabulous Resaca Brothers poñerá música á romaría. Incluso os máis pequenos terán animadores para ter tamén a súa propia festa.

Podedes encontrar toda a información sobre o evento  e como apuntarse no cartaz que acompaña esta nova.

0 comentarios:

Publicar un comentario