10 millóns e un cedido, primeira oferta do Atlético por Nolito


Foto: Marta Grande
Son xa demasiadas as fontes que falan sobre o interese do Atlético de Madrid no dianteiro céltico Nolito. Medios nacionais e tamén galegos aseguran que o conxunto madrileño vai apostar pola contratación de Nolito, aínda que non parecen moi dispostos a gastar demasiados cartos na súa fichaxe. Segundo informou Galicia en Goles, o programa da Radio Galega, onte pola noite, a primeira oferta do Atlético son 10 millóns e un xogador cedido. 

Compre lembrar que Carlos Mouriño, Presidente do Celta, mantén a súa postura inicial de non negociar por ningún xogador, insistindo que aquel equipo que queira facerse cos servizos de calquer xogador celeste terá que vir cos cartos da cláusula por diante, e tamén que a intención do Celta é a de non ter xogadores cedidos. En anos derradeiros  foi unha fórmula bastante usada, pero xa o ano pasado rexeitou calquer posibilidade de encher o vestiario con xogadores que non fosen propiedade do clube. 

De todolos xeitos, o nome de Nolito seguirá soando durante as vindeiras semanas, salvo que o clube dea un golpe de efecto conquerindo un acordo co xogador no relativo ao salario, xa que está tentando mellora-las súas condicións para retelo o maior tempo posible en Vigo.

0 comentarios:

Publicar un comentario