![]() |
Foto: Denis Doyle |
O Celta fixo un partido moi digno, nun dos estadios máis complicados de todo o mundo do fútbol. Antes de que comezara o choque, arañar algo no Santiago Bernabeu antollábase practicamente imposible, pero esta dinámica cambiou co paso dos minutos.
Moito se tiña falado durante a semana da necesidade de facer un gran partido, e de esperar que o Madrid tivera un mal día como única fórmula para traer algo positivo para Vigo. Todo aquel que vira o partido pode afirmar que estas dúas premisas foron cumplidas, e que o Celta puido incluso gañar tres puntos de ouro.
Cada semana, o decadente xornalismo español bríndalle aos seguidores dun equipo pequeño uns días de importancia dentro da prensa nacional, coincidindo ca xornada de liga na que se miden con algún dos grandes do noso fútbol, en especial co Real Madrid. Estos días, antes de que se volvan esquecer de nós ata a penúltima xornada de liga, estase a falar moito do ben que xogou o Celta diante do “mellor equipo do século XX”, ao que consigueu poñer en xaque durante moitos minutos. Para eles, somos un deses equipos mediocres que fan de comparsa nesta liga de pandeireta. Dannos a palmadiña nas costas e as grazas por vir.
Un número importante de seguidores do Celta pode sentirse halagado e estar contento de polo menos dar unha imaxe no Bernabeu, pero eu non. Chamádeme inconformista, pouco realista ou protestón, pero para min despois de ver como estaba o partido dame rabia marchar de Madrid cas mans vacías. Vin un partido que estaba de cara, moito máis do que estivo o do Osasuna, sen ir máis lonxe. E igual que este último, tirouse, ca diferenza de que facelo contra os de Pamplona pódeche aportar canto menos un punto, pero facelo contra o Real Madrid é sinónimo dunha derrota abultada.
O Celta foi a Madrid cas ideas bastante claras, defender con todos e facelo ben, e tentar aproveitar a máis mínima ocasión a favor para desnivelar o electrónico. A primeira consigna cumpriuse, Lucho puxo a que para min é a liña defensiva titular (Costas ou Fontás no lateral esquerdo), e todo o equipo aportou moito en tareas defensivas, menos Orellana que defensivamente é un cero á esquerda. Menos mal que no primeiro tempo Jonny estivo bastante acertado, e que Carvajal e Di María non son Cafú e Denilson. O que non se deu foi o segundo, cun Charles tan fallón como nos ten acostumados, sobre todo no seu segundo man a man, imperdoable para un dianteiro referencia dun equipo da primeira división. No fútbol vívese do gol, e se o encargado de metelos non os mete mal imos. Cando Nolito destacaba no Barcelona B non era dianteiro?
Pouco despois desta segunda ocasión de Charles, viñeron os cambios, para min claves no futuro do encontro. Luis Enrique retirou primeiro a Álex por Krohn-Dehli, co que comezou a desestructurar o medio campo, o que Ancelotti aproveitaría dando entrada a Jesé e Bale. Lucho beneficiou un partido máis rápido e máis de contraataque, precisamente o que mellor se lle dá aos madrileños. O medio perdeu ca entrada de Krohn, que para quen o vira xogar antes da súa chegada ao Celta, era un rápido e potente extremo zurdo, capitán na súa selección. Polo centro non acaba de atopar o seu lugar, a pesar da tozudez dos entrenadores de colocalo por esa zona, e moi retrasado.
Con máis espazos non tardou en chegar o primeiro tanto, o que daría paso ao troco de Augusto por Nolito, e seguidamente, ao desastre total. Sen xente de aguante no mediocampo celeste o partido convirteuse nun correcalles. Illarramendi e Modric facían o que querían, e Cristiano Ronaldo, Bale e Jesé estaban na súa salsa, con moitos metros para correr. Ao final, unha falta desperdiciada por Nolito, a entrada quizáis tardía de Santi Mina, e dous goles máis do equipo local. A min personalmente, pareceume escandaloso que Orellana permanecera os noventa minutos no campo, e que Madinda nin entrara ao terreo de xogo tal como estaba o partido. En ocasións parece que Lucho non coñece ben aos xogadores que ten.
Como se di normalmente esta non era a nosa liga, pero perdimos a oportunidade de sacar algo positivo do Bernabeu. Unha pena, sería un subidón enorme de moral, e uns puntos que case ningún equipo vai acadar ao longo da liga.
0 comments:
Publicar un comentario