Yoel: "Luis Enrique pidenos que xoguemos co equipo"


Foto: Ricardo Grobas
Yoel Rodríguez (Vigo, 1988) debutou o luns en Primera División e esta noite xogará o seu segundo partido na máxima categoría. Pensa que o seu xeito de traballar foi determinante para a elección de Luis Enrique.

-¿Como se sentiu no seu debut en Primeira?
-A miña forma de ser no campo sempre me leva a estar o máis tranquilo posible. Quizais marchamos da casa cun sabor amargo polo empate e tentei render ao mellor  nivel que sei e seguro que pouco a pouco iremos facendo mellor as cousas.

-¿Contento coa súa actuación?
-Si. Está claro que sempre que te vas da casa  sen a vitoria, vas coa cara un pouco de tonto despois dunha renta boa, pero temos que estar contentos co traballo que fixemos.

-Sobre todo, notouse un gran cambio respecto da pretemporada ¿como explican iso?
-Nós sabiamos que todo pode ir mellorando e así foi. Chegou o gol, chegou atacar con forza e ao final conseguímolo

-¿Contaba con saír de inicio?
-Cada semana adestro para facelo mellor e estar dentro do once. Non se trata de contar con iso ou non; eu adestro para iso e o míster é quen decide.

-Dependendo dos adestradores, teñen distintas esixencias. ¿Que o que máis lle piden aos porteiros este ano?
-Sobre todo que xoguemos co equipo. Que sexamos un máis á hora de atacar e que á hora de defender axudemos á defensa para que saiban que estamos aí.

-Comentábase que unha das súas materias pendentes eran as saídas por alto.
-Hai distintos xeitos de velo. Penso que o ano pasado foi bo porque me obrigaban a xogar bastante adiantado. Haberá gustos e xente á que lle poida gustar máis ou menos, pero non é algo co que me queira obsesionar, porque esa non é forma de mellorar en nada.

-¿Que cre que lle situou por diante de Sergio e Rubén?
-Penso que o xeito de traballar cos outros porteiros axúdache a mellorar cada día, porque te obrigan a traballar con moita forza, e aí estivo a clave.

-¿Como entende a renovación de Rubén por tanto tempo?
-Por iso pasamos todos, así que darlle a noraboa.

-¿Cal é o obxectivo persoal?
-O noso promeiro obxetivo é manter a categoría o antes posible e no persoal, cando unha persoa xoga moitos partidos é porque o está a facer ben, e espero gozar de moitos partidos.

Brais Suárez / La Voz de Galicia

0 comments:

Publicar un comentario