As portas de Balaídos pasan do castelán ao galego


Fotos: David Penela
O Real Club Celta ven de atender unha das demandas que lle fixo un amplo sector da afección celeste cando decidiron homenaxear ás lendas da historia do clube nas portas do Estadio Municipal de Balaídos. Nesa ocasión elixiuse o castelán como idioma vehicular para nomea-las portas. Dese xeito, podíamos ler a carón do xogador e o patrocinador (Faro de Vigo) o nome da porta en castelán. Pois ben, o clube está trocando os letreiros en castelán por outros en galego, como ben podedes apreciar nas fotos de David Penela. 

Unha mostra máis da sensibilidad que ven demostrando o clube con respecto ao idioma de Castelao. Un pequeno detalle, casi insignificante, pero que encherá de ledicia a moitos celtistas galego parlantes, ou sinxelamente a todos aqueles que teñan algún tipo de simpatía polo idioma da terra do Celta.

0 comentarios:

Publicar un comentario