Aspas quere mante-lo ritmo goleador na Liga


ALBERTO LIJÓ 
Iago Aspas volveu a marcar, acadando o seu quinto gol no que vai de pretempada. Unha gran cifra que confirma o feito a pretempada pasada, onde tamén foi o máximo goleador, e sobre todo na pasada Liga, coas súas 23 dianas. O de Moaña falou para os micrófonos da TVG ó remate do partido, desexando que o ritmo goleador non pare cando comece o campionato ligueiro: "Teño a confianza do ano pasado, por parte dos compañeiros, do míster, e sobre todo da afección, pero acábamos de comezar, queda toda a Liga por diante, ogallá que non pare o ritmo", explicou o bravo xogador celeste que confesou que a tempada  en primeira "é un reto para todo o equipo que xa case ningún de nós xogou en Primeira División". 

Con respecto ao partido ante o Wigan, Aspas coincide con Vila en que o equipo non empezou moi ben: "Empezamos un pouco dubitativos pola súa táctiva de tres centrais, custábanos atopar espazos, pero na segunda metade co balón nos pés estivemos mellor", explicou o moañés. A lesión de Ramis foi clave, pois foi ahí cando Roberto Martínez trocou o seu esquema inicial e o Celta mellorou notablemente. 

0 comentarios:

Publicar un comentario