Nunha carta firmada por Augusto César Lendoiro e remitida por correo electrónico a Carlos Mouriño, o Deportivo felicitou formalmente ao Celta polo ascenso acadado onte diante do Córdoba. O escrito califica o ascenso de "merecídisimo", segundo podemos ler na web oficial do conxunto herculino. O clube branquiazul expresou "a sincera e agarimosa noraboa" por este éxito do fútbol galego.
A misivia continúa sinalando que "dende agora, Galicia, nestes tempos tan complicados para todos, pode presumir de contar con dous equipos na mellor Liga do mundo, co que eso vai supor a todolos niveis: social, económico, de imaxe cara ao exterior". A relación entre ambos dirixentes e estupenda, tal e como puidemos comprobar na celebración dos últimos derbis, onde reinou a concordia. Falta que os xogadores dos seus equipos non se empeñen en deixarnos a todos en ridículo.
0 comments:
Publicar un comentario