Túñez: "Isto non vai ser un camiño de rosas"


Foto: Marta G. Brea

Andrés Túñez completou un bo partido esta tarde en Balaídos. O internacional venezolano falou para a TVG nada máis remata-lo partido. O de Bertamiráns mostrouse satisfeito, aínda que recoñeceu que non estaba tranquilo ata que se pechou o partido: "Sabíamos que eles estanse xogando a vida, o descenso. 0 2-0 no descanso non che asegura a victoria", explicou referíndose ao xodo da segunda metade: "Na segunda parte eles estiveron mellor que nós, pero o importante foi que gañamos e deixamos a portería a cero unha vez máis". 

Túñez recoñeceu que lle pon máis nervioso o partido do Valladolid que a final da Champions: "Un tropezo deles poñerianolo máis fácil, pero imos sufrir ata o final. Sabemos que non vai ser un camiño de rosas", advertiu. Tres partidos, calificados por Túñez como "tres finais". "A primeira é o mércores, hai que dalo todo, que xa queda pouco", finalizou. 

0 comments:

Publicar un comentario