Álex López: "Non son moi goleador, pero hoxe tiven a sorte de marcar dous"


Foto: Ricardo Grobas
Álex López convertiuse no sorprendente goleador celeste na tarde hoxe. O ferrolán atopouse co gol por partida doble, demostrando aquelo que moitos sostiñan, que tiña máis gol do que demostraba, a pesar de que él mesmo non se define como un finalizador: "Non son moi goledador, pero hoxe tiven a sorte de facer dous. Estou moi contento", celebrou. Con todo, máis alá dos goles, o mellor para Álex López e que a victoria permitelle ao Celta seguir levando a iniciativa: "Dependemos de nós mesmos, así que se non fallamos, o Valladolid tampouco pode e irán con esa presión engadida", sinalou Álex López ás cámaras da TVG tra-la conclusión do partido. 

O Celta saíu con moita forza ao partido, xa que según Álex "sabíamos que ía ser complicado facer gol porque viñan aquí a pecharse. Tivemos sorte de que no primeiro minutos marcamos e iso deunos tranquilidade para amplia-la vantaxe". O xogador celeste tamén recoñeceu que o Celta non estive ben no segundo acto: "Na segunda parte tivemos uns minutos nos que non tiñamos a pelota e nos estaba custando saír do no campo. Co terceiro gol acabouse o partido". O mércores, outra final: "Temos un partido o mércores e é moi importante que todos chegamos frescos e rodados". E é que para Álex López o vestiario, a unidade do grupo é fundamental. Os seus compañeiros bromeaban con él pola súa faceta goleadora cando se retiraban do campo: "Temos a sorte de ter un vestuario moi bo e iso se reflexa neste tipo de cousas", celebrou o ferrolán. 

0 comments:

Publicar un comentario