![]() |
Foto: LOF |
Cando aínda faltan catro xornadas para remata-la tempada regular en Segunda División, Celta e Valladolid acumulan xa a frioleira de 75 puntos en 38 partidos, isto é case dous puntos por partido. Estas cifras garantirían o ascenso directo en calquera das pasadas edicións da Liga, pero non nesta, onde tanto Celta como Valladolid terán que sufrir ata a derradeira xornada, tendo que xogar a promoción un dos dous equipos cunha cifra absolutamente espectacular. Botando unha ollada a tempadas anteriores, vemos que moitos equipos ascenderon sin acadar a cantidade de puntos que xa teñen agora mesmo vigueses e pucelanos.
Sen ir máis lonxe, na derradeira campaña, o Granada subiu a Primeira con 68 puntos, aproveitándose da novidade da promoción polo ascenso. O Caso máis esaxerado é o do Vilarreal, que subiu a Primeira no ano 2000 sumando tan só 66 puntos, é dicir, 9 menos dos que ten o Celta agora e con catro xornadas máis. E, en xeral, acadar 75 puntos ó final da tempada garante o descenso. Dende que se instaurou o novo formato en Segunda (22 equipos e tres puntos por victoria) tan só en catro ocasións se precisaron máis de 75 puntos para ascender como terceiro clasificado. Foi nas tempadas 2003-04 (Numancia como terceiro clasificado), 2004-05 (Cádiz, Celta e Alavés sumaron 76), 2006-07 (Murcia 76) e 2008-09, onde o Tenerife se tivo que ir ata os 81 puntos. Récord, ata o de agora, como cantidade mínima para o ascenso.
Tendo en conta que esta tempada a marcha de Celta e Valladolid é espectacular, e que aínda restan catro xornadas para o remate da Liga, da a sensación de que algún dos dous equipos pode quedar fóra do ascenso directo cunha cantidad que rondará os 85 puntos. Cantidade que garantiría o título na meirande parte dos anos. Unha barbaridade o que teremos que remar de aquí ó 3 de xuño todavía.
Puntuacións do segundo e terceiro clasificado nas últimas tempadas
2010-11 Rayo 79 -- Granada 68 (ascendeu no play-off)
2009-10 Hércules 71 -- Levante 71
2008-09 Zaragoza 81 -- Tenerife 81
2007-08 Málaga 72 -- Sporting 72
2006-07 Almería 80 -- Murcia 76
2005-06 Nàstic 76 -- Levante 74
2004-05 Celta 76 -- Alavés 76
2003-04 Getafe 76 -- Numancia 76
2002-03 Zaragoza 72 -- Albacete 71
2001-02 Racing 71 --- Recreativo 69
2000-01 Betis 75 -- Tenerife 74
1999-00 Osasuna 67 -- Villarreal 66 (O Atlético B foi segundo clasificado)
1998-99 Numancia 73 --- Sevilla 71
1997-98 Extremadura 79 -- Las Palmas 73
0 comments:
Publicar un comentario