Jonathan Vila ten a alta médica


Foto: Ricardo Grobas
O Real Club Celta de Vigo ven de anunciar a alta médica do defensa central Jonathan Vila, quedando desta maneira completamente baleira a enfermería céltica. O adestrador Paco Herrera ten dispoñibles aos 20 xogadores da súa plantilla despois de que o canteirán superarse completamente a lesión no seu xeonllo dereito sufrida no partido ante o Vilarreal B, onde se danou a rótula con lesión parcial do alerón rotuliano medial e contusión ósea no xeonllo. O central xa adestrou con normalidade nos derradeiros días e poderá xogar ante o Alcoyano se Paco Herrera o precisa. 

0 comments:

Publicar un comentario