![]() |
Foto: Verónica Martínez |
O canteirán foi repasando as xogadas máis destacadas do partido, comezando polo primeiro gol do Almería, que anotou Ulloa en fora de xogo, algo do que non se percatou o árbitro nin o propio Sergio, que deu moita importancia o empate acadado só un minuto despois: "Empatar así rápido dache máis tranquilidade e non deixas que o equipo rival se asente". Pese a todo, a primeira metade non remataría ben ante un bo equipo como o almeriense: "Teñen xente arriba con moito gol e demostrouse. Na primeira parte nunca estivemos cómodos", explicou Sergio que recoñeceu que Juanma Ortiz tivo moita fortuna no segundo gol rival: "O segundo foi con un pouco de fortuna, pégalle a Oier no pé e desvía completamente o balón, que viña hacia mín para bloquealo".
Na segunda metade chegaría a reacción do celta, que soubo remontar e decantar o partido do seu lado: "A capacidade de reacción que está tengo o equipo é incrible. O equipo soubo sobrepoñerse a esas circunstancias nos dous últimos partidos", explica Sergio, que destaca a laboura de Mario Bermejo: "É moi potente no xogo aéreo e hoxo soubo encontrar dúas veces o gol".
Sergio lamentou non ter gañado o goal-average ó Almería: "Durante o partido non o pensas, pero cando remata o partido si que pensas que tal vez o terceiro gol era evitable, pero o importante son os tres puntos". Con respecto á loita polo ascenso, Sergio ten claro que o principal rival do Celta polo ascenso é o propio Celta: "Hai grandes rivais como o Almería de hoxe ou o Valladolid. Se facemos ben as cousas, depende de nós. Cada día nos atopamos mellor no campo", explica un Sergio que non quere pensar máis alá do próximo partido: "Hai que pensar partido a partido e non ir máis alá. O próximo é o Valladolid. Se pesamos en cantos puntos nos faltan para o ascenso, creo que nos estaríamos equivocando".
0 comments:
Publicar un comentario