Foto: celtavigo.net |
Yoel convertiuse no heroe da xornada. As súas paradas nos derradeiros minutos mantiveron a portería celeste a cero e permitiron que os tres puntos quedaran na casa. Ao remate do partido, Yoel falou para a TVG e fixoo dende a máis absoluta humildade: "A vitoria é cousa dos once que xogamos, máis dos tres que entraron e da xente do banco. Non quero adxudicarme ningún mérito. Para iso estamos os porteiros", explicou.
O canteirán amosouse contento pola boa xeira de resultados do conxunto celeste: "Diso se trata, se queremos estar ahí arriba temos que xogar partidos así e estar sempre nos postos darriba. Cantas máis vitorias, sobre todo na casa, moito mellor", suliñou o meta celtiña, que asegurou que durante a semana "estivemos centrados neste partido, como se demostrou", pero unha vez rematado, toca pensar no derbi: "Agora xa podemos pensar no derbi, que seguro que vai ser un partido fantástico".
0 comments:
Publicar un comentario