Hoxe descubrimos que o fútbol ás dúas da tarde tamén pode empregarse como anestesia: Elche 0-0 Celta, 67 % de posesión local e o Celta rematando o partido con cero tiros entre os tres paus. Máis que un encontro, foi unha proba de resistencia contra a sesta, o sopor e as ganas de apagar a televisión. O Elche fixo pouco, o Celta nada e nós, ás tres e media, preguntándonos que delito cometemos e por que ninguén viña xa a desenchufarnos.
Ás 21:00, Dinky, Gran Lebrownie, Xoán, Fran Lamas e Manu Percu, con Airám aos controis e os amigos do chat, investigarán onde está o Celta e se existe algún protocolo para denunciar noventa minutos sen atacar unha portería. Que ninguén pestanexe: pode perder o programa. Aínda que, se se parece ao partido desta tarde, probablemente caia durmido antes da primeira polémica. Afouteza Podcast: o Celta non chutou, pero nós vimos cargados.




0 comments:
Publicar un comentario