![]() |
| Foto: RC Celta |
O Celta superou este xoves ao Sant Andreu na tanda de penaltis e selou o pase á seguinte rolda da Copa do Rei nun encontro duro e moi esixente. Un dos protagonistas do partido foi Hugo Álvarez, que regresou ao once inicial despois da súa lesión e completou o partido, disputando os 120 minutos.
Ao remate do encontro, o canteirán recoñeceu que fora un choque máis complicado do agardado: "Sí, foi compricado. Sabíamos que podíamos atoparnos un encontro así e ó final cumprimos o obxectivo. Con moitas gañas da seguinte rolda. Tentei estar o máis tranquilo no penalti, confiei moito nos meus compañeiros e en min mesmo. Conseguimos pasar, que é o importante."
O defensa tamén quixo destacar o apoio da afección celeste, que acompañou ao equipo nun desprazamento incómodo en plenas datas de Copa: "Estamos moi orgullosos deles. Sabemos que sempre van estar con nós, demóstrano en cada partido fóra. Sempre sentimos o seu apoio e estamos moi agradecidos."
Co pase asegurado, o Celta xa pensa no seguinte reto: a visita ao Santiago Bernabéu este domingo para medirse ao Real Madrid nun duelo de liga que se prevé esixente. O propio Hugo Álvarez así o sinalou: "Quedan dous días e xa estamos pensando no partido. Tentaremos sacar os tres puntos alí, que vai ser compricado."




0 comments:
Publicar un comentario