CELTAVISIÓN 2025 — A gala do celtismo: a bancada decide Hoxe facemos unha gala ao máis puro estilo Eurovisión: avaliación do cadro do Real Club Celta por liñas, con ritmo alto, datos e humor. A audiencia manda: vós sodes a voz e a medida. Formato e mecánica — Avaliación por liñas: Portaría, Defensa, Medio, Ataque. — En cada liña, propoñemos a relación de xogadores e abrimos sufraxio en directo. —
Sistema VOTACIÓN: Xurado profesional valora cada xogador (3,2,1,0). E o chat tamén. Sempre sen amaños nin trapalladas que non somos Israel.
— Transparencia: contaxe en directo, paneis de ranking e resumo final por liña e global.
A audiencia, protagonista
— Sufraxio en tempo real
— Mensaxes e argumentos da bancada celeste integrados no directo.
O que imos medir
— Portaría: seguridade, xogo de pés, mando na área.
— Defensa: solvencia, saída limpa, duelos, concentración.
— Medio: pausa, rexistro, presión, conexión co ataque.
— Ataque: finalización, xerar ocasións, asociación, carácter.
Obxectivo
Elevar o debate mediante a forza da bancada: voces, argumentos e sufraxio visible. O resultado final será un mapa de valoracións para o presente e para o que vén.
Participa xa
— Quen merece o 12 na portaría?
— Quen manda na defensa?
— Quen dá luz no medio?
— Quen rompe arriba?
Directo e plataformas
Escoita e participa nas nosas canles: ritmo alto, datos sólidos e retranca. Subscríbete a Afouteza Podcast e deixa a túa visión




0 comments:
Publicar un comentario