Onte cumpríronse 20 anos do regreso da selección galega, que volvía reunirse despois de décadas de ausencia nun partido fronte a Uruguai do que saíu vencedor o combinado galego (3-2). Durante os anos seguintes xogáronse partidos da Irmandiña cada ano, en 2008 en Vigo fronte a Camerún, ata que a chegada ao goberno de Alberto Núñez Feijóo cortou de raíz o partido que unía a todos os galegos.
Desde ese momento houbo dous partidos da selección galega: en 2016, ante Venezuela na Coruña, e en 2024 en Vigo, con Panamá como rival.
Para celebrar estes 20 anos do regreso da selección galega, e ao mesmo tempo reivindicar que se volvan xogar partidos con regularidade, realizamos unha convocatoria de 25 xogadores, na que por suposto admitimos que nos recommendedes futbolistas que quedaron fóra e, se queredes, podedes animarvos a facer a vosa propia convocatoria. Na lista incluímos a Leo Román, balear de nacemento pero fillo dun vigués, nunha demarcación como a portería na que non sobran porteiros galegos de elite.
Como é lóxico, o Celta é o equipo que máis xogadores achega á selección, con ata 9 futbolistas, aos que hai que sumar outros oito que pasaron pola súa canteira.
Porteiros
- Leo Román (Mallorca)
- Fran Vieites (Leicester City)
- Iván Villar (Celta)
Defensas
- Javi Rodríguez (Celta)
- Álvaro Carreras (Real Madrid)
- Angeliño (Roma)
- Hugo Bueno (Wolverhampton)
- Sergio Carreira (Celta)
- Carlos Domínguez (Celta)
- Jonny Otto (Alavés)
Medios
- Nico González (Manchester City)
- Gabri Veiga (Porto)
- Fer López (Wolverhampton)
- Brais Méndez (Real Sociedad)
- Dro Fernández (Barcelona)
- Hugo Sotelo (Celta)
- Hugo Álvarez (Celta)
- Santi Comesaña (Villarreal)
- Stefan Bajcetic (Liverpool)
Dianteiros
- Miguel Rodríguez (Utrecht)
- David Mella (Deportivo)
- Joselu (Al-Gharafa)
- Pablo Durán (Celta)
- Borja Iglesias (Celta)
- Iago Aspas (Celta)




0 comments:
Publicar un comentario