Nestas datas queremos deternos un momento para dar as grazas a todos os que nos ledes e nos acompañades. A vosa confianza e constancia son o que fai posible que sigamos adiante e que esteamos xa camiño dos 15 anos en activo, algo que nunca teriamos imaxinado ao comezar. Así que, antes de nada, moitas grazas a todos vós por estardes sempre aí e acompañarnos nesta travesía.
Aproveitamos tamén para desexarvos unhas felices festas, vividas ao voso ritmo e como máis vos apeteza. Agardamos seguir contando convosco no tempo que vén e continuar compartindo este proxecto que, despois de tantos anos, segue tendo moito que dicir.




0 comments:
Publicar un comentario