A selección galega pode regresar a Balaídos


Oito anos despois a selección galega absoluta pode ser unha realidade. O combinado galego disputado o seu último encontro no ano 2016, antes da disputa da Eurocopa de Francia, con un amigable ante Venezuela, que rematou con empate en Riazor. Dende entón foron varias as ocasións nas que se albiscou a posibilidade dun novo partido, sen que se confirmase nunca. 

Agora volve o ruxe ruxe sobre o retorno da “irmandiña”, que ademáis pode ser en Balaídos, segundo informan os compañeiros do podcast “Tenías Que Haber Tirado”, que sinalan na súa conta de Twitter que a Federación Galega de Fútbol traballa para que a selección volva a xogar ao finalizar a tempada. 

Sería tamén o regreso 16 anos despois da selección galega a Balaídos. A última vez que a Irmandiña xogou no recinto vigués foi en 2008, coa selección de Camerún como rival. Dende ese momento xogou dous partidos máis, ambolos dous en Riazor. 

No caso de confirmarse este amigable, diante dunha selección ainda por confirmar, veríamos unha selección galega cunha importante presencia da canteira do Celta. Galicia posúe a día de hoxe unha chea de futbolistas de calidade, e pode formar un combinado que competiría ben ante outras seleccións europeas. 


Únete a nuestro canal de WhatsApp


0 comentarios:

Publicar un comentario