Comunicado de Resistencia Celta a raíz de la declaración de interés autonómico del proyecto "Galicia Sports 360"



El grupo opositor a Carlos Mouriño, Resistencia Celta, ha enviado una nota de prensa a los medios de comunicación a raíz de la declaración del proyecto “Galicia Sport 360” de interés autonómico. A continuación lo reproducimos para que todos podáis leerlo y opinar. 

Profundo malestar cara á presidencia e xestión do Real Club Celta de Vigo polas novas de 'legalización parcial' do proxecto Sports 360 de Tameiga - MOS.

Resistencia Celta quere manifestar publicamente o seu profundo malestar e descontento cara á presidencia e xestión da entidade deportiva polas recentes novas que fan referencia á 'legalización parcial' do proxecto Sports 360 en Tameiga - MOS.

Resistencia Celta sempre defendeu a transparencia, a ética e o compromiso cos valores do club. Con todo, nesta ocasión, atopámonos cunha situación que nos preocupa e decepciona enormemente.

Observamos con grande preocupación como se está enfocando ao Real Club Celta de Vigo nunha deriva política ultraconservadora que é artificiosa e que non representa na súa totalidade os intereses e sentimentos dos afeccionados. É inaceptable que o noso querido club sexa utilizado para favorecementos políticos e amiguismos, seguindo un estilo de política que lembra prácticas pouco éticas da política sudamericana.

Tamén nos inquieta o feito de que se pretenda capacitar ao club coa ferramenta xurídica da expropiación forzosa, algo que en ningún caso corresponde a unha Sociedade Anónima Deportiva (S.A.D.). Consideramos esta manobra como de dúbida legalidade e, sen lugar a dúbidas, como unha falta de ética constatable.

Queremos deixar claro que o comportamento da presidencia e a xestión do club neste asunto non representa en absoluto o sentir do celtismo en xeral, e non reflicte os valores e principios dos verdadeiros afeccionados. Reafirmamos a nosa solidariedade cos comuneros de Tameiga, aos que consideramos vítimas dun atropelo político aos seus dereitos legais.

Con veemencia, Resistencia Celta denuncia a irresponsabilidade da actual directiva do Real Club Celta de Vigo por estas accións que provocan profundo malestar. Rechazamos e aborrecemos a orientación política e a interacción co Partido Popular, nunha manobra que evoca os famosos escándalos de favores políticos do PP en Valencia, tales como os casos Gürtel, Nóos e Emarsa, que son inadmisibles na política do século XXI. Exiximos transparencia, ética e compromiso verdadeiro cos valores do club e dos seus verdadeiros afeccionados. 

Non permitiremos que o club sexa utilizado para intereses políticos e amiguismos, e seguiremos defendendo os dereitos legais dos comuneros de Tameiga. A legalidade prevalecerá, e a actual directiva do Celta deberá responder por estas accións ante a xustiza e a súa afección.

Dende Resistencia Celta, tamén queremos advertir que estas actuacións poderían voltar en contra do Celta no futuro, cando a legalidade sexa restabelecida mediante a xudicialización do tema.

Reiteramos a nosa postura en defensa do Real Club Celta de Vigo como unha entidade deportiva comprometida cos seus afeccionados e a súa comunidade, e exhortamos á presidencia e á xestión do club a reconsiderar o seu enfoque e comportamento neste e noutros asuntos.

0 comments:

Publicar un comentario