Oficial | Antonio Chaves deixa o Celta


O Celta anunciou este martes a saída de Antonio Chaves, que deixa o club por decisión propia despois de tres lustros como director xeral do clube vigués. O grovense chegou ao Celta en 2008, a un Celta que acababa de acollerse a un complicado proceso concursal. Chaves foi un persoeiro clave na recuperación do clube a tódolos niveis. Nalgún momento foi nomeado como posible relevo de Carlos Mouriño ao fronte da presidencia do clube, unha opción que él sempre rexeitou, vinculando o seu futuro ao do actual presidente. 

Na súa despedida o club publicou un vídeo no que podemos escoitar as seguintes verbas do xa ex director xeral do clube: “Despois de 15 anos de loita, identidade e afouteza, chegou o momento de estar coa familia e de esmorga. Grazas por todo e por tanto. Sentínme sempre moi apoiado, dende onde estea, sempre agradecido, sempre Celta”. 


0 comments:

Publicar un comentario