c
![]() |
Foto: César Quian / La Voz de Galicia |
A selección galega faise agardar. Dende o ano 2016 non se disputa ningún partido do combinado galego, que viviu a súa última aventura nun amigable ante Venezuela que rematou con empate a un gol, nun partido disputado en Riazor.
Nunha entrevista para Radio Vigo, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, prometeu a volta da selección, asegurando que podería ser incluso neste ano: “Estamos a traballar niso dende fai tempo. Non é fácil porque non hai competición onde poidamos incluir a Galicia. Agardo que neste 2023 poidamos levar este partido”, sinalou, engandindo que tamén se xogaría un partido da selección galega feminina.
Nos últimos tempos tanto Iago Aspas como Lucas Pérez, principais estandartes dos dous clubes máis históricos de Galicia, pronunciaronse a favor do regreso da “irmandiña”, que contaría con moitos xogadores do Celta, ou que pasaron pola canteira viguesa.
0 comments:
Publicar un comentario