A frase en galego que confunde a lusofonía cunha expresión sexual



O Celta celebrou o día das letras galegas cunha camiseta creada por Reizentolo na que destacan varias frases moi propias das retransmisión televisivas e radiofónicas no noso idioma. Todo normal para os galegos, pero non tanto para os falantes lusófonos, que fixeron constantes bromas con unha das frases en concreto, que en portugués significa algo moi diferente ao seu significado en galego. 

“Lamber o pau”, algo que se usa polos narradores para definir un disparo que sae a rentes do pau, pero que en portugués significa, sin que sexa preciso botarlle demasiada imaxinación, felación. 

0 comentarios:

Publicar un comentario