Foto: LFP |
Kevin voltou á titularidade tra-la lesión de Hugo Mallo, que sigue de baixa por unha lumbalxia. O de Camos analizou o partido para Celta Media: “A primeira metade non foi a mellor, non fomos nós mesmos, tiñamos que cambiar iso na segunda metade, pero non só hoxe, temos que cambialo toda a tempada porque non podemos ir por detrás sempre no marcador”, analizou.
O canteirán lamentou que o equipo perdera a súa seña de identidade na primeira metade: “Sabemos o potencial que ten o Villarreal, con grandísimos xogadores e veñen de gañar en Europa, pero temos que ser fieis ao noso xogo, e na primeira parte non fomos, por iso estou amolado, pero a segunda parte foi moito mellor”, sinalou.
Por último referiuse ao seu rendemento individual: “Quero seguir crecendo como xogador, non foi un grandísimo partido, pero hai que estar ahí sempre”, finalizou.
0 comments:
Publicar un comentario