15/08/2021
LIGA
CELTA – ATLÉTICO (1-2)
Guion: RE
Debuxo: DAVIDA
Agradecementos: Arantxa Davos (deseño gráfico), Marcos Bacariza (moiceleste)
ovarceleste@gmail.com
Tw - @oVARceleste
Ig – ovarceleste
Xa estamos de volta!!!
Comezamos a quinta tempada de o’VAR coa mesma ilusión do primeiro ano, e con moitas ganas de ler as vosas risas e os vosos comentarios positivos (vaia iluso). Por quinto ano consecutivo seguimos á procura dun hater fiel que nos insulte un pouquiño en todas as tiras. Senón seguiremos pensando que somos a ostia e que o estamos a facer moi ben (iso é o que din as nosas nais).
Aproveitamos a ocasión para darlle as grazas a Marcos Bacariza (por deixarnos seguir traballando de balde mentres el faise rico coa web) e a todos vós (inda que non riades nin insultedes sabemos que estades aí).
Moitas grazas a todos!
0 comments:
Publicar un comentario