Balaídos vivirá o domingo 23 de maio un día moi especial na última xornada de Liga, xa que 15 meses despois o público volverá a entrar no recinto vigués para ver un partido do Celta. Neste caso contra o Betis a partir das 18:30.
Este venres o club ven de publicar as condicións para poder acceder ao estadio nesta derradeira xornada na que o aforo máximo serán 5.000 espectadores:
- Habilitaranse un máximo de 5.000 butacas, cifra que pode verse reducida por mor das obras nas bancadas de Marcador, Fondo e Río Baixo.
- As entradas son gratuítas e exclusivas para abonados do RC Celta.
- Os abonados interesados en asistir ao partido deben solicitar acceso ao reparto das mesmas a través deste formulario.
- A data límite para solicitar as entradas son as 23:59 horas do martes 18 de maio.
- As entradas repartiranse entre tódolos abonados que as solicitaron, seguindo o seguinte criterio:
- 50% da capacidade dispoñible repártese segundo criterio de antigüidade.
- 50% da capacidade dispoñible sortéase entre o resto de abonados, dando prioridade a aqueles que o ano pasado optaron por moedeiro/doazón/renuncia
- Non se terá en conta a asistencia previa a partidos do Celta B.
- Unha vez realizado o reparto, os agraciados recibirán o venres 21 de maio un correo electrónico cunha ligazón a unha páxina web onde poderán retirar a entrada definitiva para o partido de forma telemática.
0 comments:
Publicar un comentario