O Celta protagonizou a primeira retransmisión radiofónica en galego


Hoxe celebramos o día das letras galegas, e ainda que a nosa xeración medrou e viviu con retransmisións de fútbol en galego, antes na televisión e agora case reducido ao ámbito da radio, no caso do Celta, non sempre foi así. Os anos da dictadura impediron a inclusión do galego nos medios de comunicación, e non foi ata o 1 de maio de 1983 cando os galegos puideron vivir o seu primeiro partido en galego. 

Por suposto o Celta foi o protagonista dese envento, nunha xornada para olvidar. Foi Radio Nacional de España quen decidiu emitir un partido clave para a salvación do Celta coa narración do locutor Juan Barro Hermida. O Celta xogábase a permanencia no estadio de Zorrilla, na primeira visita do club vigués a este estadio recén construido para o Mundial de 1982. 

O Celta non dependía de sí mesmo, pero tendo en conta os enfrontamentos dos rivais, unha vitoria achegariao á permanencia. O Valencia, pechacancelas, xogaba contra o Real Madrid, líder e dependendo de sí mesmo para gañar o campionato. Dende Vigo produciuse un desprazamento masivo, con miles de seguidores viaxando ata terras casteláns na busca dos puntos que garantiran a permanencia. 

O partido non puido ir peor para os intereses do Celta, que no minuto 39 xa perdía 3-0. A piques de chegar ao descanso, Andrés reduciu a distancia, pero o equipo vigués foi incapaz de remontar, e acaba cos seus osos en Segunda División. O Valencia, pola súa parte, foi quen de vencer ao Madrid, dándolle a liga ao Athletic Club e evitando dese xeito o que parecía inevitable descenso a Segunda. Entre os futbolistas do Celta que xogaron aquel día estaba Maté, Atilano, Lemos, Del Cura, Pichi Lucas ou Santiago Mina, o pai do actual xogador. 

Porén, aquel día será lembrado como o primeiro no que os aficionados galegos puideron escoitar fútbol en galego pola radio. 


0 comentarios:

Publicar un comentario